Ocasión perdida do Marcón coa súa derrota ante o Nogueira de Ramuin (1-2)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Marcón continúa ameazado polos postos de arrastre á Primeira Rexional tras a súa derota na casa ante o Nogueira de Ramuin (1-2).
Tratábase dunha boa ocasión para afastarse dos problemas, ante un rival directo pola permanencia, pero os de Carlés acusaron en exceso as baixas.
O choque comezou dominado polos visitantes, que ao descanso xa gañaban por 0-2.
Na reanudación os pontevedreses mostraron mellor cara en busca da remonatada, pero só lograron recortar distancias por medio de Martín nos últimos minutos, cando xa xogaban en inferioridade pola expulsión de Iván Paz.
Esta derrota deixa na mesma posición ao Marcón, décimo quinto con 41 puntos, con dous de vantaxe sobre a zona que podería supoñer o descenso.
MARCÓN ATLÉTICO (1): Joaquín, Marcos, Álvaro (Gelillo, min.46), Pablo, Sapi (Valiñas, min.59), Arturo, Iván Paz, Iago (Baptiste, min.46), Manuel, Héctor, Martín.
SD NOGUEIRA RAMUIN (2): Jacobo, Portela, Thomas, Omar (Roberto, min.81), Bruno Gómez (Santalla, min.83), Pablo Lorente, Walter (Oliveira, min.71), Guillermo Salgado, Jorge (Calviño, min.89), Javier Ramos (Guillermo, Blanco, min.61), Andrés.
Árbitro: Rey Molano. Amoestou a Álvaro, Marcos e Gelillo no Marcón e a Javier Ramos, Guillermo Blanco e Thomas no Nogueira. Expulsou ao local Iván Paz no minuto 79.
Goles: 0-1 Jorge (min.33), 0-2 Bruno Gómez (min.42), 1-2 Martín (min.85).
Incidencias: Partido disputado en el campo de O Carrasco de Marcón.