Repartición de puntos entre Ribadumia e Barbadás (0-0) que deixa a salvo aos ourensanos
Por Redacción
Poucas ocasións e moito centro do campo. Ribadumia e Barbadás repartiron puntos nun resultado que beneficia ao conxunto ourensano, que con este punto consegue a permanencia matemática en Terceira división, mentres os locais, no seu primeiro partido tras a dimisión de Gabi Leis, perden tamén toda opción matemática ao cuarto posto.
Os visitantes comezaron mellor, con oportunidades en remates de Isi e Alfredo, pero pronto o xogo se reduciu a unha batalla na zona ancha, sen apenas achegamentos perigosos ás áreas. Óscar Guimeráns intentouno sen éxito, vendo adiantado a Berto, pero non encontrou portaría, en practicamente o único disparo con intención dos locais, que afrontan as dúas xornadas que restan cos deberes feitos, pero sen aspiracións.
CD RIBADUMIA (0): Javi Sánchez; Pacheco, Nelo, Miguel Vázquez, Aram, Óscar Guimeráns (Fran Matos, min. 77), Bisti (Sidibé, min. 64), Álex Gómez, Sylla, Changui e David Pérez (Adrián Padrón, min. 63).
UD BARBADÁS (0): Berto; Jorge, Alfredo, Iago Quintairos, Vieites, Luis, Isi (Lamelas, min. 86), Jorge de Dios (Nuno, min. 71), Hugo, Moisés Pereiro e Rafita (Rubén Arce, min. 77).
Árbitro: Iván Domínguez de Bernardi (A Coruña), auxiliado nas bandas por Ángel Acuña Piñeiro e Guillermo Dopico Pereira. Amoestou a Arám polo Ribadumia e a Diego Vieytes e Hugo polo Barbadás.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 150 espectadores.
Relacionadas:
-
Dous goles de Óscar Guimeráns permiten remontar ao Ribadumia (3-1) que priva do terceiro posto ao Choco
Por Redacción |
-
Un gol de David Pérez ao seu irmán Jorge decide o derbi na Lomba para o Ribadumia (0-1)
Por Redacción |
-
Gabi Leis presenta a súa dimisión como adestrador do Ribadumia
Por Redacción |
-
O Ribadumia cede na loita polo cuarto posto ao empatar (2-2) en Bertamiráns
Por Redacción |