Peixe Galego imponse con autoridade a Lucentum Alicante (76-69) e forza o terceiro partido
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/5f1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55f7c7b2cc-55453916b0-20150502-diegotorrado-peixe-galego-vs-lucentisimo-alicante06.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/2a5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5545393a98-20150502-diegotorrado-peixe-galego-vs-lucentisimo-alicante09.jpg)
© Diego Torrado
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/96d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/554539592e-20150502-diegotorrado-peixe-galego-vs-lucentisimo-alicante13.jpg)
© Diego Torrado
Haberá terceiro partido. Marín Peixe Galego impúxose a Lucentum Alicante e devolve a serie ao definitivo choque entre ambos os dous para saber que equipo accede ás semifinais no play-off de ascenso. A cita será o próximo martes, ás 20:30 horas, en Alicante.
O enfrontamento entre marinenses e alacantinos foi o único dos cuartos de final que necesita esgotar os tres partidos para decidir un clasificado, xa que os outros tres finalizaron con Guadalara, Zornotza e Amics Castelló clasificados pola vía rápida. Precisamente o cadro castellonense será o rival que espera o vencedor deste duelo.
O Marín saíu convencido de que podía gañar dende o asubío inicial e foi practicamente todo o encontro por diante no marcador, moi ben apoiado en Blair (22 puntos e 4 de 6 en tiros de tres), Rogers (autor de 17 puntos e 4 de 4 nos triplos) e Azotam (que conseguiu 16 puntos, capturando 9 rebotes).
Con rendas que non superaban a decena de puntos pero que permitían aos locais navegar con tranquilidade no partido, só o inicio do terceiro cuarto foi no que se pegaron un bo susto. O Lucentum, con Javier Hernández atinado (22 puntos) púxose a un só punto (37-36), o que provocou a reacción inmediata do Marín que, cun claro parcial (10-0), volveu distanciar o encontro e o foi manexando ao seu antollo ata o final.
MARÍN PEIXE GALEGO (76): Manu Ferreiro (9), Gabo Rogers (17), Ike Azotam (16), Javier Medori (3), Garfield Blair (22) -cinco inicial-, Víctor García, Kyrylo Podkovyrov, Antonio Izquierdo, Gregorio Adón (2), Al Rapier (2) e Norman Rey (5).
LUCENTUM ALICANTE (69): Adrián Fuentes (3), Javier Marín (5), Edu Guillén (4), Samuel Domínguez (8), Joan Pardina (13) -cinco inicial- Sergio Vidal, José Luis González (2), Alejandro Navajas (6), Javier Hernández (22) e Kody (6).
Árbitros: Esperanza María Mendoza Holgado (Extremadura) e Juan Francisco González Cuervo (Castela-León). Sinalaron 25 faltas ao Peixe Galego e 21 ao Lucentum. Eliminados por cinco faltas aos xogadores visitantes Javier Marín e Joan Pardina.
Marcadores parciais: 18-14, 17-17 (35-31, descanso), 21-21 (56-52) e 20-17 (76-69, final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Raña (Marín). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
O Peixegalego cae en Alicante nos últimos segundos (66-64) e despídese do play-off
Por Redacción |
-
Derrota do Peixegalego en Alacante no primeiro partido do play-off (77-53)
Por Redacción |
-
Peixe Galego remata sexto vencendo o Sáenz Horeca Araberri (87-81) e xogará o play-off contra Lucentum
Por Redacción |