O Poio FS cede na segunda metade na cancha do líder Atlético Féminas (3-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Púxolle as cousas difíciles o Poio Fútbol Sala na súa pista ao líder de Primeira División, o Atlético Féminas Navalcarnero.
O bo traballo defensivo das vermellas, principalmente no primeiro acto, fixo que as madrileñas non se sentisen cómodas sobre a cancha e o encontro comezase con poucas ocasións de gol, opcións que desbarataba Silvia na portaría.
Tras o descanso o Atlético logrou ver porta moi pronto, aos 22 minutos, por medio de Ari, desatascando o choque.
O Poio viuse obrigado entón a adiantar liñas, o que aproveitarían as locais para facer o segundo, obra de Marta Pelegrín aos 29 minutos.
Malia o tanto as de Morenín mantivéronse con opcións e buscaron recortar distancias xogando de cinco, pero o que chegaría sería a sentenza nos últimos minutos por medio de Ro.
ATLÉTICO FÉMINAS NAVACARNERO (3): Merce; Ju Delgado, Leti, Ari y Marta Pelegrín -cinco inicial- Ro, Peque, Natalia, Belén, Roci, Desirée.
POIO FÚTBOL SALA (0): Silvia; Charo, Claudia, Zulú, Souza -cinco inicial- Yoli, Elena, Jenny, Irene, Tania.
Árbitros: Martín Sanz e Sánchez Herrero. Amoestaron a Ari no Atlético e a Charo e Souza no Poio.
Goles: 1-0 Ari (min.22), 2-0 Marta Pelegrín (min.29), 3-0 Ro (min.37).
Incidencias: Partido disputado no Pabellón La Estación de Navalcarnero.