O Villalonga non renuncia a loitar pola cuarta praza tras vencer pola mínima ao Barco (1-0)
Por Redacción
Gran triunfo do Villalonga ante o líder, o CD Barco, que o mantén na pelexa pola cuarta praza da clasificación.
Un solitario gol de Machu aos 53 minutos na saída dun córner decidiu un traballado encontro dos de Antonio Fernández.
Os celestes mostraron unha boa imaxe e tamén a concentración que fallou noutras ocasións para pechar o partido, que mereceron sentenciar antes do final cun segundo gol que buscaron con insistencia.
Con estes tres puntos o Villalonga sitúase a só dous do cuarto posto.
VILLALONGA FC (1): Alberto Fernández, Reigosa, Darío, Manu Santos, Alberto Villar (Héctor, min.73), Machu, Alberto Rey (Adrián Santos, min.78), Jesús, Cerqueiras (Gabriel, min.88), Albert (Saúl, min.70), Campos.
CD BARCO (0): Macía, Ramos (Rafael, min.68), Omar, Recamán, Borja Fernández, Carlos De Dios (Brais, min.46), Adil, Carlos Quintana (Diego Tato, min.46), Jorge Lamas (Marcos Rivero, min.83), Daniel Arias (Guntiñas, min.68), Rodrigo.
Árbitro: Castro Peralta. Amoestou a Alberto Rey, Jesús, Manu Santos e Saúl no Villalonga e a Adil no Barco.
Gol: 1-0 Machu (min.53).
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.