Albert decanta o partido en Mondariz para un Villalonga que segue aspirando ao cuarto posto (0-1)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Villalonga mantén viva a esperanza de alcanzar o cuarto posto da clasificación tras a súa vitoria pola mínima no campo do Mondariz.
Os celeste impuxéronse un traballado e disputado encontro grazas á súa maior efectividade.
Nun partido con poucas ocasións Albert decantou a balanza aos 78 minutos tras unha boa acción.
Tras o gol o Villalonga defendeuse con acerto para quedarse con tres puntos que o sitúan na sexta praza con 52 puntos, a 4 do cuarto posto que ocupa o Estradense.
MONDARIZ CF (0): Javier, José González (Noel, min.46), Anxo, José Fernández, Paramos, Hugo, Feijoo (Nicolás, min.57), Víctor (Adrián, min.72), Bargiela, Samuel (Romero, min.83), David Faro.
VILLALONGA FC (1): Alberto Fernández, Gabriel, Reigosa, Darío, Manu, Caamaño (Álvaro, min.89), Machu, Alberto Rey, Cerqueiras (Héctor, min.86), Albert (Aarón, min.89), Fran Campos.
Árbitro: Ferreiro Méndez. Amoestou a José González, David Faro, Feijoo e Samuel no Mondariz e a Reigosa, Machu e o adestrador Antonio Fernández no Villalonga.
Gol: 0-1 Albert (min.78).
Incidencias: Partido disputado no campo da Lagoa de Mondariz.