A XII Travesía da Toxa reunirá o sábado 500 piragüistas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Medio millar de padexeiros daranse cita este sábado 25 de abril no Grove para participar na XII Travesía da Toxa.
Esta cifra supón un rexistro histórico para unha competición que arrancará ás 10:00 horas dende o Pavillón de Deportes Náuticos para chegar ata a illa e regresar ao punto de partida.
Na regata participarán embarcacións C-2, K-2, C-4 e K-4, percorrendo as primeiras unha distancia de cinco quilómetros e o resto sete e medio.
Inscribíronse 54 embarcacións de catro tripulantes e 139 de dous deportistas.
Disputarase nas categorías cadete, xuvenil, sénior e veterano, sendo valedoira a regata para a Liga Galega.