Remontada ata o podio de Támara Echegoyen e Berta Betanzos na segunda xornada en Hyeres
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Gran xornada para Támara Echegoyen e Berta Betanzos no segundo día de competición da ISAF Sailing World Cup que se está a disputar nas augas da localidade francesa de Hyères.
O dúo galego-cántabro comezou o día na duodécima praza para rematar a xornada no segundo caixón do podio.
Dous segundos e un quinto posto nas tres mangas disputadas, con ventos entre 12 e 17 nós, confirmaron a remotada de Echegoyen e Betanzos na clasificación provisional, con tres puntos de vantaxe sobre as danesas Jena Hansen e Katja Salskov-Iversen, que marchan terceiras.
Por diante encóntranse, nun sólido liderado, as tamén danesas Ida Marie Baad Nielsen e Marie Thusgaard con 15 punos de renda.