Atlético Novás non dá opción ao Poio Artai (25-31)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Coma se dun guión constantemente repetido se tratase, o Poio Artai volveu a sufrir unha derrota consecuencia da súa falta de "fondo de armario", pagando moi caro uns minutos de baixón nos que o rival se escapa, quedando logo sen capacidade de reacción.
Nesta ocasión os de Augusto Aláez, xa descendidos, tiñan en fronte un rival que loita por acompañar ao Cisne na disputa do play-off de ascenso, e que non deixou escapar a ocasión de meter presión o seu rival, o Seis do Nadal, conseguindo unha vitoria cómoda, pero sen excesivo brillo.
O Poio arrepor ata mediada a primeira parte, pero afundiuse a partir do minuto 17 (10-10), encaixando en demoledor parcial de 0-6 en pouco máis de seis minutos, que deixou o partido resolto. Logo os de Modesto Augusto foron ampliando diferenzas, maquilladas polo Poio nos minutos finais.
POIO ARTAI (25): Juanjo Novás, Salgueiro; Gabriel Cores (3), Carlos (10), Tomás (2), Eloy Lorenzo, José Manuel Núñez, David Rodríguez, Jorge Rodríguez, Roibás (4), Martín Tarrío (4) e Daniel Castro (2).
ACANOR ATLÿTICO NOVÁS (31): Kevin, Malvar; Víctor Armán (2), Paulo da Costa (2), Iago Flores (4), Ramón Martínez (7), Manuel Martínez (5), Jorge Pousa, Roberto Rodríguez (3), Pablo Sánchez (2), Álex Tsybanev (3) e Arkaitz Vargas (3).
Árbitros: Luis Ignacio Colmenero Guillén e Víctor Rollán Martín (Castela e León). Excluíron dous minutos a Tomás, polos locais, e a Iago Flores, Jorge Pousa (2), Roberto Rodríguez e Álex Tsybanev (2), polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 4-6, 9-8, 10-12, 11-16, 12-18 (descanso), 14-21, 16-22, 17-26, 19-28, 22-29 e 25-31 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 100 espectadores.
Relacionadas:
-
A mellor versión do Poio Artai non abonda para evitar a derrota (30-32) fronte a OAR Coruña
Por Redacción |
-
Dous puntos que non serven ao BM Chapela ante un Poio Artai moi inferior (35-22)
Por Redacción |
-
Poio Artai certifica o seu descenso encaixando unha dura goleada (36-23) en Lalín
Por Redacción |
-
Cómodo triunfo do Bueu Atlético (25-34) a custa dun Poio Artai que repite guión
Por Redacción |