Dobre triunfo de Lucía Vázquez en Xerez na segunda proba do Open de España
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Golpe de moral para Lucía Vázquez no Gran Premio Internacional de Jérez, segunda cita do calendario do Open de España de Cross Country Olímpico (XCO).
A ciclista de Vilaboa logrou o seu primeiro triunfo da tempada e fíxoo por partida dobre, impoñéndose na modalidade 'Eliminator', nun circuíto urbano de 1.200 metros, e posteriormente na proba longa.
Na primeira delas Lucía superou na final a Rocío Martín, Anna Villar e Elena Lloret.
Coa moral desta vitoria afrontou a carreira 'rallye', na que foi de menos a máis: "Coloqueime cuarta no tramo inicial e xunto a Claudia Galicia e Anna Villar alcanzamos a Rocío Martín na segunda volta. Anna chegou a marchar por diante, pero conseguín collela e rodei unha volta enteira á súa roda, ata que no penúltimo paso por meta me fun en solitario ata o final," relatou a galega tras a carreira.
Lucía Vázquez entrou en meta cun tempo de 1:36:33. Tras ela completaron o podio Anna Villar, que entrou a 1'33'', e Claudia Galicia, a 2'16''.
Cos puntos conseguidos a deportista de Vilaboa ascende a segunda posición da xeral do Open de España, a dez puntos de Anna Villar e recobrando as boas sensacións "despois dun ano moi malo e dun comezo de ano con problemas de asma".
O GP Internacional de Jérez estaba catalogado como un evento C1 para a Unión Ciclista Internacional, polo que permite Lucía suma ademais uns importantes puntos no ranking olímpico.
Relacionadas:
-
Lucía Vázquez ponse líder no Open de España tras gañar en Vall de Lord
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez gaña en Valongo e ponse líder na Taça de Portugal
Por Redacción |
-
Novo podio para Lucía Vázquez cun segundo posto no Open de Madrid
Por Redacción |
-
Terceiro posto para Lucía Vázquez no Open MTB Puerta de la Alpujarra
Por Redacción |
-
Segundo posto para Lucía Vázquez en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez inicia o Open de España cun dobre cuarto posto en Valladolid
Por Redacción |