Dous xogadores do Pontevedra Rugby Club, convocados pola Selección Española sub-18
Por Redacción
Por primeira vez dous xogadores de rugby pontevedreses, Alberto Silla e Ernesto Lumbreras, foron convocados a unha concentración da Selección Española, neste caso en categoría sub-18.
Os dous xogadores, formados nas filas do Pontevedra Rugby Club, foron incluídos nunha lista de 44 deportistas que se concentrarán do 2 ao 5 de xaneiro en Madrid como primeiro paso na preparación do Campionato de Europa que se disputará en Grenoble do 22 ao 30 de marzo.
Na concentración de 4 días Alberto e Ernesto, apertura e medio melé respectivamente, pelexarán con xogadores dos mellores equipos do país para estar na selección de 25 que formarán o núcleo do equipo nacional.