Unha canastra a falta de 8 segundos tomba o Peixegalego ante o Tarragona (75-76)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Vibrante partido o protagonizado por Peixegalego e Club Basquet Tarragona no pavillón da Raña (75-76).
Unha canastra de Antonio Hester a falta de oito segundos, con tiro libre adicional incluído, rematou coa resistencia dos de Marín.
O Tarragona fallou o adicional pero o conxunto 'peixe' non acertou na última xogada confirmando a derrota.
Antes o partido caracterizárase pola igualdade e as alternativas. Comezou mandando timidamente o bloque visitante, pero os de Javi Llorente lograron empatar ao descanso (36-36).
Á volta de vestiarios o Peixegalego mostrouse lixeiramente máis entoado para chegar aos últimos dez minutos con cinco puntos de renda (52-48). Non obstante non lograron conservar a vantaxe nun trepidante final.
Malia a derrota os de Marín mantéñense en postos de play-off.
MARÍN PEIXEGALEGO (75): Manu Ferreiro (2), Rogers (11), Azotam (10), Medori (14), Blair (11) -cinco incial- Kyrylo, Izquierdo (9), Gregorio Adón (8), Al Rapier (10), Norman Rey.
CLUB BASQUET TARRAGONA (76): David Fernández (7), Congiusta (7), Orupke (6), Daniel Martínez (13), Hester (20) -cinco inicial- Artur, Ferrán (4), Boada (3), Ngomo (3), Marc Giménez (13).
Árbitros: Padrós Feliu e Pineda García. Sen eliminados.
Parciais: 16-19, 20-17 (36-36), 26-21 (52-48), 13-19 (75-76).
Incidencias: Partido disputado no pavillón da Raña, Marín.