O Setga Monte Porreiro queda sen opcións de xogar a fase de ascenso
Por Redacción
Adeus ao soño do Setga Monte Porreiro de xogar a fase de ascenso á Superdivisión Feminina de tenis de mesa.
O equipo pontevedrés despediuse desta opción a falta dunha xornada tras perder na súa visita o Cidade de Narón (4-2).
A baixa unha xornada máis dunha xogadora importante como Ana Pérez condició o encontro, no que a volveu substituír Noelia Santiago.
A nova xogadora puxo todo da súa parte pero cedeu nos seus dous partidos, ao igual que Victoria Cadilla. Os dous puntos pontevedreses chegaron da man de Elísabet Cadilla.
Pola súa banda o conxunto masculino de División de Honra tamén encaixou unha derrota a domicilio, ante o Liceo Casino Vilagarcía (4-3) nun apertado encontro.
Malia que conta cunha renda de catro puntos sobre o descenso o Monte Porreiro achégase aos postos perigosos da clasificación.