![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/156/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/550fe2f55d-tono-bouza-y-diego.jpg)
© Federación Galega Piragüismo
O piragüismo pontevedrés lócese en Sevilla no Campionato de España de inverno
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O piragüismo galego, e en especial o pontevedrés, volveu brillar na segunda e última xornada do Campionato de España de inverno celebrado durante a fin de semana en Sevilla.
Na clasificación por equipos, dominada por décimo ano consecutivo polo Kayak Tudense, destacaron os papeis da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, sétima, e o Breogán do Grove, décimo terceiro entre os 114 clubs participantes.
Con respecto á competición individual do domingo, Tono Campos (Breogán) revalidou o seu título nacional nun igualado duelo co seu compañeiro de equipo Diego Romero.
Pola súa banda Sergio Vallejo (Piragüismo Poio) concluíu noveno, segundo na clasificación sub-23.
Na última xornada do campionato tamén se disputaron as probas júniors masculinas, cun segundo posto de Iago Monteagudo (Naval de Pontevedra) e unha primeira praza de Álex Bernárdez (Piragüismo Poio) no C-1.
Relacionadas:
-
Trasona, parada para o piragüismo pontevedrés na Copa de España de 1.000 metros
Por Redacción |
-
O Campionato Galego de barcos de equipo, nova cita co piragüismo no Pontillón do Castro
Por Redacción |
-
Destacado papel do Ciudad de Pontevedra na primeira xornada do Campionato de España de piragüismo
Por Redacción |