A temperá expulsión de Mateo lastra o Xuventú Sanxenxo que cae (2-3) fronte ao Ordes
Por Redacción
Reza o dito que a can fraco todas son pulgas. Pois algo diso lle pasou ao Xuventú Sanxenxo, que rozou o empate nos instantes finais, a pesar de xogar en inferioridade numérica durante case unha hora, por expulsión de Mateo, pero que rematou cedendo de forma inxusta fronte a un Ordes que segue na carreira polos postos altos.
O conxunto amarelo segue acumulando xornadas sen puntuar, minimizando os seus males polas derrotas de todos os seus rivais da zona baixa, o que lle permite seguir albergando experanzas de abandonar as prazas de descenso directo.
A xogada crave do partido, que ata entón estaba a ser moi nivelado, chegou no minuto 38 cando o árbitro sinala unha falta ao bordo da área local, expulsando a Mateo con tarxeta vermella directa. Álex Blanco transformaba a devandita falta adiantando o equipo visitante.
Pero a inferioridade non causou efecto nos de Calucho, polo menos ata os minutos finais. Nin sequera cando de novo Álex Blanco facía o segundo a falta de 15 minutos para o final. Os locais reducían distancias por medio de Cuchi, pero case sen tempo para pensar en nivelar a contenda, o ÿrdenes volvía marcar, nun lanzamento de corner que rematou Ángel.
Nel, de penalti, daba emoción aos últimos minutos, obrigando os visitantes a repregarse para defender a súa vantaxe, cousa que conseguiron, non sen dificultades.
XUVENTÿ SANXENXO (2): Vila; Diego Peña, Mateo, Emilio, Héctor, Lede, Jonathan, Cuchi, Nel, Ramón e Muradás (Rubén, min. 46).
SD ÿRDENES (3): Mario, Callón, Torres, David Rey, Cabrejo, Cea, Juampa (Álvaro, min. 82), Julián, Álex Blanco (Nacho, min. 85), Ángel e Souto.
Árbitro: David Novás Benavides (Vigo), auxiliado nas bandas por Daniel Álvarez Domínguez e Jorge Juan Fojo Rodríguez. Expulsou con vermello directo o xogador local Mateo (minuto 37). Amoestou a Cuchi, Rubén e Ramón, polos locais e a Callón e Ángel polos visitantes.
Goles: (0-1) Minuto 38: Álex Blanco. (0-2) Minuto 75: Álex Blanco. (1-2) Minuto 77: Cuchi (1-3) Minuto 78: Anxo. (2-3) Minuto 87: Nel, de penalti.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 250 espectadores. Gardouse un minuto de silencio polo falecemento da esposa do directivo local Antonio Martínez.
Relacionadas:
-
Empate entre Xuventú Sanxenxo e Silva (1-1) que non deixa contento a ninguén
Por Redacción |
-
De novo unha expulsión lastra o Xuventú Sanxenxo e impídelle completar a sorpresa en Vilalba (1-1)
Por Redacción |
-
Un golazo de ÿscar Río abre o camiño do triunfo do Ribadumia (0-2) e deixa moi tocado o Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
A chegada de Calucho non cambia a dinámica do Xuventú Sanxenxo que cae (2-0) co Deportivo B
Por Redacción |