BM Pontevedra só aguanta un tempo o pulo do Seis Domingo Nadal (23-27)
Por Redacción
Non puido frear o BM Pontevedra ao Magope Seis Do Nadal Coia na súa persecución do Cisne. Os pontevedreses aguantaron o ritmo durante a primeira parte e os cinco primeiros minutos da segunda, pero a partir de aí cederon ante o potencial do segundo clasificado.
O equipo vigués levou a iniciativa e foi sempre por diante no marcador, se ben as vantaxes eran mínimas, alternadas cos empates no luminoso. Foi a partir do paso polos vestiarios, concretamente entre o minuto 5 e 10 da segunda parte, cando o Seis Do Nadal cimentou a súa vitoria, cun parcial de 0-5 que non puido remontar xa o conxunto que dirixe Ramón Pazos.
Dende ese momento, os visitantes foron administrando a súa renda para chegar ao final sen angustias e levarse os dous puntos.
BM PONTEVEDRA (23): David Lagoa, Santi Picallo, Ángel Noya; Ansias, Santi Calvo (3), Domato, Gonzalo García (2), Jaime Iglesias (1), Gonzalo Eloy, Álex Pombo (9), Fernando Rey (1), Iago Rodríguez (1), Alberto Santiago (1), Ángel Soliño (1) e Javier Suárez (4).
MAGOPE SEIS DO NADAL COIA (27): Pablo Chantada, Tizón; Abraham (3), David Costa (2), Denís (4), Pablo García (1), Germán Iglesias (4), Pedro Iglesias (4), Leirós, Iván López (1), Rial (6), Marcos Treinta (1), Artur Costa, Diego Fernández e Freijeiro (1).
Árbitros: Marcos Pérez Outeda e Vanesa Pérez Domínguez (Galicia). Excluíron por dous minutos aos locais Santi Calvo, Gonzalo Eloy e Alberto Santiago, e aos visitantes Abraham (2), David Costa, Iván López e Artur Costa.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 3-5, 5-7, 7-8, 10-11, 11-12 (descanso), 13-14, 13-19, 15-21, 19-23, 20-25 e 23-27 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra). Uns 70 espectadores.