BM Pontevedra ten que esperar aos últimos minutos para superar (25-27) o BM Artabro
Por Redacción
Esta vez saíu cara. Despois de verse derrotado nos últimos minutos nos seus anteriores partidos, o BM Pontevedra aproveitou a recta final do seu partido fronte ao BM Artabro para levarse os dous puntos, deixando ao conxunto coruñés nunha delicada posición e con serios problemas para intentar manter a categoría.
O partido estivo marcado polo dominio alternativo de ambos os dous cadros. Os pontevedreses comezaron mandando e fóronse ao descanso con vantaxe. Mesmo tiveron o partido encarrilado cando lograban a máxima diferenza do partido (16-20), no minuto 38, pero Artabro non se rendeu e soubo aproveitar os erros pontevedreses para empatar (24-24) a falta de cinco minutos para o final.
A reacción visitante foi inmediata e a tempo. Tres goles consecutivos logrados por Gonzalo García, Iago Rodríguez e Santi Calvo, en pouco máis de dous minutos, sentenciaban o partido.
BM ARTABRO NOVO MESOIRO (25): Ferreira; Aguión (1), Uxío Batán (8), David Bouza (1), Alberto Catoira (4), Ígor Dacosta, Duarte España (2), Iago Ferreiro (4), Alfonso González (2), Diego Lluque, Iván Prieto, Alejandro Seijo, Canle, Lucas Domínguez (2), Ángel Rodríguez e Antón Rodríguez (1).
BM PONTEVEDRA (27): David Lagoa, Santi Picallo, Ángel Noya; Santi Calvo (5), Domato, Gonzalo García (5), Jaime Iglesias, Gonzalo Eloy, Santi Picallo (1), Iago Rodríguez (6), Alberto Santiago (9), Ángel Soliño (1) e Javier Suárez.
Árbitros: Sergio Rodríguez Estévez e Andrés Rosendo López (Galicia). Excluíron por dous minutos a Uxío Batán e Alfonso González (2), polo locais, e a Santi Calvo, Gonzalo García, Gonzalo Eloy (2), Alberto Santiago e Ángel Soliño, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 1-1, 3-5, 5-8, 8-9, 11-10, 12-15 (descanso), 15-18, 17-20, 19-21, 23-22, 23-24 e 25-27 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal (Novo Mesoiro). Uns 50 espectadores.
Relacionadas:
-
Duro correctivo do Luceros ao BM Pontevedra (39-27)
Por Redacción |
-
BM Pontevedra só aguanta un tempo o pulo do Seis Domingo Nadal (23-27)
Por Redacción |
-
BM Pontevedra acusa as baixas e volve ceder nun final apertado na pista do Bueu Atlético (27-24)
Por Redacción |
-
O BM Pontevedra cede ante o Calvo Xiria (26-29) na segunda metade
Por Redacción |