Importante partido para o Poio FS na visita do Gironella
Por Redacción
O Poio Fútbol Sala retoma a competición tras unha semana de descanso co obxectivo de distanciarse definitivamente dos postos de descenso.
As vermellas contan con 10 puntos de renda sobre a fronteira que marca o seu rival deste sábado, o Gironella catalán (18:30 horas no Pavillón da Seca), polo que un triunfo as colocaría nunha cómoda posición para afrontar o tramo final de liga.
Para iso as xogadoras adestradas por Gonzalo Iglesias 'Morenín' deberán sobrepoñerse ás últimas tres derrotas e superar o plantexamento do seu rival, no que destaca a achega da internacional Claudia Pons.
A convocatoria do técnico pontevedrés será a habitual das últimas citas con Silvia, Irene, Charo, Elena, Jenny, Souza, Paloma, Tania, Yoly, Nere Moldes e Claudia.