Bo papel do Galaico Sincro no Campionato de España de Inverno Alevín e Infantil
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Galaico Sincro, Sincro Ourense e RCN Vigo foron os únicos representantes galegos no Campionato de España Infantil e Alevín de Inverno de natación sincronizada disputado en Elche.
O papel do equipo pontevedrés foi notable, cun décimo cuarto posto nos combos de categoría alevín, mentres Ourense foi décimo sexto e Vigo décimo sétimo.
A nivel individual, en idade alevín destacou o posto 24 de Lara González en figuras.
Pola súa banda en idade infantil, tamén en figuras, a nadadora pontevedresa Elisa Seoane foi undécima, mentres Reyes González finalizou no posto 22.
A participación do Galaico Sincro no Nacional chega tras o seu triunfo no Campionato Galego en categoría alevín e o seu segundo posto no infantil.