Derrota do Marcón ante o Rápido de Bahía (2-1) que pon fin a nove xornadas sen perder
Por Redacción
Fin á xeira positiva de nove xornadas sen coñecer a derrota que encadeaba o Marcón Atlético.
Á décima caeron os pontevedreses na súa visita a un necesitado Rápido Bahía, que apura as súas opcións de permanencia grazas aos tres puntos.
O partido comezou de cara para o Marcón, que se adiantou no marcador no primeiro acto por medio de Gelillo.
Sen embargo os de Carlés non souberon matar o encontro e cederon vítima do pulo local, que encontrou a súa recompensa na segunda metade para remontar con goles de Juncal e Aarón, o segundo cando xogaban en inferioridade numérica.
Con esta derrota o Marcón cae á décimo terceira praza con 37 puntos.
RÁPIDO BAHÍA CF (2): Pablo, Diego, ÿscar González (Iván, min.50), Piris, Víctor, Juncal (Sergio Piñeiro, min.85), Rubén Barreiro (Sergio Gil, min.69), Aarón, Aboubacar, Alberto, Enrique.
MARCÿN ATLÿTICO (1): Vladi, Pablo, Arturo, Aarón, Gelillo (Martín, min.71), Iván, Dani (Steve, min.66), Iago (Sapi, min.66), Manuel (Álvaro, min.77), Héctor, Baptiste.
Árbitro: Pérez Carmuega. Amoestou aos locais Piris, Alberto, Aarón e Víctor e ao visitante Héctor. Expulsou no Rápido Bahía a Rubén Barreiro (min.69) e Enrique (min.89) por dobre cartón e ao seu adestrador, Víctor González (min.66) por vermella directa.
Goles: 0-1 Gelillo (min.25), 1-1 Juncal (min.65), 2-1 Aarón (min.82).
Incidencias: Partido disputado no campo de San Amaro, en Aldán.