Tres goles de Borja impiden o triunfo do Marcón ante o Alertanavia (3-3)
Por Redacción
Agridoce empate do Marcón no Carrasco ante o Alertanavia (3-3).
Os pontevedreses desperdiciaron en dúas ocasións unha renda de dous goles ao seu favor pero encadean con este empate a súa novena xornada sen perder.
O partido empezou de cara para os de Carlés, que aos 11 minutos xa gañaban por 2-0 grazas aos temperáns goles de Iván e Arturo.
Borja recortou distancias para o Alertanavia aínda na primeira metade, pero Baptiste, de penalti, volvía poñer dous goles de renda ao inicio do segundo acto.
O encontro parecía encarrilado para o Marcón, pero xurdiu a figura de Borja para amargarlles a tarde. O futbolista do club vigués fixo dous novos tantos, no 62 e o 76, para neutralizar aos locais e deixalos co mel nos beizos.
O Marcón mantense na décima praza do Grupo Sur de Preferente con 37 puntos.
MARCÿN ATLÿTICO (3): Vladi, Marcos, Racha, Arturo, Gelillo (Sapi, min.54), Iván (Valiñas, min.84), Castesana, Iago (Álvaro, min.68), Héctor, Baptiste, Martín (Aarón, min.65).
CP ALERTANAVIA (3): David, Pablo, Picallo, Adrián, Borja, Nacho, Nores, Alberto (Barciela, min.72), Víctor (Paulo, min.46), Julio, Carlos.
Árbitro: Ferrol Muñiz. Amoestou a Arturo, Gelillo, Iago, Racha e Marcos no Marcón e a Adrián, Paulo, Julio, David e Nores no Alertanavia.
Goles: 1-0 Iván (min.8), 2-0 Arturo (min.11), 2-1 Borja (min.23), 3-1 Baptiste de penalti (min.48), 3-2 Borja (min.62), 3-3 Borja (min.76).
Incidencias: Partido disputado no campo do Carrasco, Marcón.