Derrota na prórroga do Peixegalego en Ávila (74-71)
Por Redacción
Volveu á competición o Peixegalego tras unha semana de descanso e fíxoo cunha axustada derrota na súa visita ao Grupo Eulen El Bulevar de Ávila (74-71).
Os de Marín tiveron o triunfo nas súas mans, pero un mal último cuarto evitouno.
O encontro comezou cunha tremenda igualdade (18-19) no primeiro cuarto, pero os locais apertaron en defensa no segundo parcial para irse con vantaxe ao descanso (36-29).
Todo cambiou á volta de vestarios, cun conxunto 'peixe' que mostrou a súa mellor versión para deixar encarrilado o encontro tras un 8-25 de parcial que daba dez puntos de vantaxe aos de Javi Llorente a dez minutos do final.
GRUPO EULEN (74): Sergio Rodríguez (7), Alejandro Marín (15), Nared (8), Johnson (17), Ballesta (9) -cinco inicial- Duty (12), Lindstrom (2), Roberto Abuin, Makonda (3), Young (6).
MARÍN PEIXEGALEGO (71): Manu Ferreiro (3), Rogers (18), Al Rapier (13), Medori (7), Blair (25) -cinco inicial- Izquierdo, Gregorio Adón (2), Norman Rey (4).
Árbitros: Morales García-Alcaide e Hurtado Almansa. Eliminaron por faltas ao local Alejandro Marín.
Parciais: 18-19, 18-10, 8-25, 21-11 (14-7 prórroga).
Incidencias: Partido disputado no Centro de Usos Múltiples Carlos Sastre de Ávila.
Sen embargo o traballo realizado no terceiro cuarto non foi suficiente e o Grupo Eulen tirou de casta para forzar a prórroga, na que se mostrou máis acertado para levarse o triunfo.