O Peixegalego confirma o seu bo momento cunha gran vitoria en Alicante (54-69)
Por Redacción
Non hai quen pare nas últimas xornadas ao Peixegalego. Se hai unha semana caeu na Raña o líder da Adecco Plata, Amics Castelló, agora tocoulle a quenda ao Lucentum, terceiro na clasificación e candidato ao ascenso.
Os de Marín venceron en Alicante facendo gala dunha gran defensa para confirmase como o mataxigantes da liga.
O conxunto 'peixe' arrancou entoado en ataque e intenso en defensa, deixando os locais con só 9 puntos ao final do primeiro cuarto (9-20).
Un pequeno apagamento ofensivo no segundo parcial propiciou que o Lucetum se metese de novo no choque ao descanso (28-30).
Sen embargo seguían a mandar os de Javi Llorente, que recuperaron o seu nivel tras pasar polos vestiarios para encarrilar o partido no terceiro cuarto (38-48) e sentencialo no último sen dar pé a opción dunha remontada local.
A próxima fin de semana o Peixegalego afrontará a xornada de descanso consolidado como xa está na zona de play-off.
LUCENTUM ALICANTE (54): Fuentes (8), José Luis González (10), Navajas (8), Samuel (4), Pardina (11) -cinco inicial- Sergio Vidal, Guillén, Hernández (7), Bitjaa (6).
MARÍN PEIXEGALEGO (69): Manu Ferreiro (9), Rogers (10), Azotam (8), Medori (11), Blais (8) -cinco inicial- Izquierdo (2), Gregorio Adón (8), Al Rapier (13), Norman Rey.
Árbitros: Morales Ruiz e López Herrada. Eliminado por faltas Navajas no Lucentum.
Parciais: 9-20, 19-10, 10-18, 16-21.
Incidencias: Partido disputado no Centro de Tecnificación de Alicante.