Gómez Noya abandona en Dubái por problemas físicos a unha semana do seu debut nas Series Mundiais
Por Redacción
Javier Gómez Noya non será o 'triatleta do millón de dólares' ao retirarse da primeira proba do circuíto de media distancia patrocinado polo príncipe de Bahréin, Nasser bin Hamad Al Khalifa.
O gañador dos Ironman 70.3 de Dubái, Omán e Bahréin recibiría esa substanciosa recompensa pero Gómez Noya, un dos principais favoritos, despediuse deste premio no primeiro deles.
O triatleta galego abandonou no sector de bicicleta por un problema no glúteo que lle impediu seguir adiante nunha proba na que se impuxo o neozelandés Terenzo Bozzone (3:41:45), mentres en categoría feminina a vitoria foi para a suíza Daniela Ryf (4:05:01).
Este contratempo para Gómez Noya chega a unha semana do inicio das Series Mundiais de Tríatlon, nas que o ferrolano afincado en Pontevedra defende coroa.
Con todo, o galego confía en que estes problemas físicos lle permitan estar en Abu Dhabi a próxima semana: "Me hice daño en el glúteo en la bici y, aunque lo intenté, no pude terminar. Espero poder competir la semana que viene", recoñeceu o actual campión do Mundo a través da súa conta de Twitter.
Relacionadas:
-
Gómez Noya remata segundo nas Series Mundiais de Auckland tras Jonathan Brownlee
Por Diego Espiño |
-
Sexto posto para Javi Gómez Noya no seu debut nas Series Mundiais de tríatlon
Por Alejandro Espiño |
-
Javi Gómez Noya inicia a súa tempada en Dubái co reto de ser o 'home do millón de dólares'
Por Alejandro Espiño |