Goleada do Villalonga ante o Nogueira de Ramuín (4-0)
Por Redacción
Partido prácido para o Villalonga, que recobra moral grazas a unha cómoda goleada en San Pedro ante o Nogueira de Ramuín.
Os celestes dominaron o choque en todo momento impoñéndose a un conxunto ourensanso que deu demasiadas facilidades.
Machu abriu a goleada aos 13 minutos, renda que ampliaría Chiño antes do descanso.
Xa na segunda metade Arias primeiro e Albert, xa no último minuto, redondearían o resultado para deixar o Villalonga na oitava praza con 38 puntos.
VILLALONGA CF (4): Alberto Fernández, Darío, Manu, Villar, Chiño (Adrián Santos, min.78), Machu (Héctor, min.68), Rey, Jesús (Reigosa, min.64), Cerqueiras (Albert, min.58), Arias, Campos.
SD NOGUEIRA RAMUIN (0): Jacobo, Guillermo, Carlos, Kinsella, Roberto Álvarez, Oliveira (Roberto Gómez, min.53), Bruno, Walter, Enrique (Ramos, min.53), Andrés (Jorge, min.63), Calviño (Omar, min.46).
Árbitro: Fernández Lodeiro. Amoestou aos locais Reigosa e Adrián Santos e aos visitantes Jacobo, Andrés e Omar.
Goles: 1-0 Machu (min.13), 2-0 Chiño (min.39), 3-0 Arias (min.49), 4-0 Albert (min.89).
Incidencias: Partido disputado no campo de San Pedro, Vilalonga.