O Poio FS deixa escapar os puntos ante o Roldán FSF (2-3) nun partido moi igualado
Por Redacción
Segue o Poio coa súa dinámica negativa e a súa falta de fortuna dende inicio de ano. Esta vez foi o Roldán o que se levou os puntos da Seca nun partido no que as murcianas levaron sempre a iniciativa no marcador, pero que estivo presidido pola igualdade, e no que o máis xusto tería sido un reparto de puntos.
O Roldán comezou dominando, ante un Poio que non se mostraba cómodo. Aos catro minutos, Juani ao bordo da área remataba e tras tocar na defensa abría o marcador, adiantando as visitantes.
Tardaron en reaccionar as rapazas de Morenín, ata que a catro minutos do descanso lograban empatar por medio de Claudia, culminando unha transición ofensiva cunha precisa vaselina ante Ana.
As locais puideron poñerse por diante antes de finalizar a primeira parte, pero volveron ter no remate un dos seus puntos débiles.
Na segunda parte, o Roldán adiantábase de novo cun gol de Marta Peñalver nunha rápida transición, pero a catro minutos do final o Poio volvía empatar por medio de Yoly despois dun rexeitamento en curto de Ana.
Quedaba tempo para que ambos os dous equipos puidesen marcar con ocasións en ambas as dúas portarías, pero o acerto foi de Juani, ao aproveitar dende o centro da área un balón solto para facer o 2-3 definitivo. O Poio intentou envorcarse nos instantes finais pero faltoulle sorte para polo menos arrancar un punto.
POIO FS (2): Silvia; Jenny, Claudia, Charo, Yoly -cinco inicial-, Elena, Paloma, Nerea e Souza.
ROLDÁN FSF (3): Ana; Marta Peñalver, Inma, Lidia, Teresa -cinco inicial-, Diana, Alba, Ángeles, Juani, Anita París e Vanessa.
Árbitros: Valentín Preselo e José Luis Vilariño (Galicia). Amoestaron as xogadoras locais Souza e Elena.
Goles: (0-1) Minuto 4: Juani. (1-1) Minuto 16: Claudia. (1-2) Minuto 24: Vane. (2-2) Minuto 36: Yoly. (2-3) Minuto 37: Juani.
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio). Uns 250 espectadores.