Botín de 16 medallas para os atletas da Gimnástica no Galego Xuvenil e Júnior en Pista Cuberta
Por Redacción
Grandes resultados para os atletas da Gimnástica no Campionato Galego Xuvenil e Júnior en Pista Cuberta.
O club pontevedrés sumou un total de 16 medallas cun atleta especialmente inspirado, Darío Costas, que logrou catro ouros nas catro probas que disputou (50 metros, 50 valos, altura e pértega en idade júnior).
O máis positivo para Costas foron as súas marcas que, exceptuando a pértega, supoñen a súa clasificación para o Campionato de España.
Pola súa banda Ángel Vargas e Fernando Rial foron outros dos nomes propios con dúas medallas de ouro cada un en categoría xuvenil. Ángel gañou os 50 e os 200 metros, nesta última con mínima para o Nacional, mentres Fernando se impuxo nos 800 e os 1.500 metros.
Tamén logrou dúas preseas Jorge Puig cun ouro nos 1.500 júniors e un bronce nos 800 metros.
O resto de metais foron para Alfonso Pérez (ouro en 400 metros júniors), Jon Alonso (bronce en pértega júnior), Sergio Paredes (bronce en peso júnior), Verónica Echevarría (bronce 200 metros júniors), Andrea Pais (prata 200 metros xuvenil) e Emma Lorenzo (bronce pértega xuvenil).
Relacionadas:
-
ÿltimos campionatos en pista cuberta para os atletas da Gimnástica
Por Redacción |
-
Repetir a medalla de prata de 2014, difícil obxectivo para a Gimnástica no Nacional de Campo a Través
Por Redacción |
-
Alberto Salcedo repite medalla de ouro no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Alberto Guerrero logra a medalla de prata no campionato de España Promesa de pista cuberta
Por Redacción |