Alberto Guerrero logra a medalla de prata no campionato de España Promesa de pista cuberta
Por Redacción
Bo balance da Sociedad Gimnástica no Campionato de España Promesa de pista cuberta, que se celebrou en Antequera, localidade malagueña que albergará tamén a próxima fin de semana do Campionato de España Absoluto. Unha medalla de prata e tres postos de finalista foron os resultados alcanzados polos atletas do club pontevedrés.
Alberto Guerrero foi o único atleta pontevedrés en subir ao podio. Fíxoo na carreira de 800 metros, cunha marca de 1.53.00, obtendo a xa mencionada medalla de prata.
Manuel Molinos estivo a pelexar polas medallas no salto de altura. Superou os 2,07 á terceira tentativa, o que lle relegaba provisionalmente á cuarta posición, tiña que saltar a seguinte altura, 2,10, para subir ao caixón pero non puido ser.
Rocío Rodríguez encontrouse cunha final moi rápida na que as catro primeiras fixeron a mínima para o Campionato de España Absoluto. Rocío tivo que conformarse coa quinta posición, cun rexistro de 4.45.59.
Gonzalo Sánchez pechou a participación da Gimnástica no Campionato. A pesar de que correu en 6.98 a primeira rolda eliminatoria dos 60 metros, tanto na semifinal coma na final non mellorou este tempo e con 7.03 na final obtivo a sexta posición.
Na puntuación por finalistas, a Gimnástica consegue a undécima posición con 19 puntos, dun total de máis de 70 clubs que puntuaron.
Relacionadas:
-
Repetir a medalla de prata de 2014, difícil obxectivo para a Gimnástica no Nacional de Campo a Través
Por Redacción |
-
Alberto Salcedo repite medalla de ouro no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Botín de 16 medallas para os atletas da Gimnástica no Galego Xuvenil e Júnior en Pista Cuberta
Por Redacción |
-
Catro atletas da Gimnástica, a por medalla no Campionato de España Promesa
Por Redacción |
-
Bos resultados de atletas da Sociedad Gimnástica nas últimas competicións
Por Redacción |