Un gol a falta de 12 segundos tomba ao Poio FS na Rioja (1-0)
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Dolorosa derrota do Poio Fútbol Sala en Logroño na súa visita á cancha do FSF Rioja (1-0).
As vermellas plantaron cara ao seu rival nun aguerrido encontro no que se impuxeron as defensas.
Co Poio esperando a súa oportunidade á contra e defendéndose, sobre todo co seu rival xogando de cinco nos dous últimos minutos, só un tanto de Bea Martín a falta de 12 segundos desnivelou o marcador. A futbolista local acertou cun disparo dende fóra da área para marcar e deixar os tres puntos na casa.
Con este resultado as xogadoras adestradas por Gonzalo Iglesias quedan na novena posición da táboa con 24 puntos.
FSF RIOJA (1): Yarie, Carmen, Jess, Eva Ortega, Bea Martín -cinco inicial- Lara, Silvia, Natalia, Marta.
POIO FS (0): Silvia, Paloma, Yoli, Souza, Charo -cinco inicial- Jenny, Claudia, Elena.
Árbitros: ÿscar Crespo e Enrique Pérez.
Gol: 1-0 Bea Martín (min.40).
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Municipal Espartero de Logroño.