Nerea e Tania, baixas do Poio no seu desprazamento a La Rioja
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Pabellón General Espartero de Logroño recibirá este sábado (18:30 horas) a un Poio Fútbol Sala que busca a súa segunda vitoria consecutiva que lle permita consolidar a súa recuperación.
As vermellas visitan o Rioja FSF coas baixas de Tania por estudos e de Nerea Moldes por lesión, toda vez que os fisioterapeutas do club aconsellaron o seu descanso debido a unha sobrecarga muscular.
Sen elas Gonzalo Iglesias deberá pensar como parar a unha das máximas goleadoras da competición, Carmen, ou ás internacionais Bea Martín e Eva Ortega se quere lograr tres puntos que lle permitan ascender á oitava praza.
A convocatoria do Poio compóñena: Silvia, Irene, Charo, Jenny, Elena, Paloma, Claudia, Yoly e Raquel Souza.