Changui e 10 máis: O Ribadumia imponse ao Cerceda (2-0) con dous novos goles seus
Por Ramiro Espiño
O de Changui na actual tempada vai camiño de récord. O seu, con dous novos goles, e o dun Ribadumia espectacular. O Cerceda foi unha nova vítima do equipo de Gabi Leis e do seu dianteiro, máximo goleador da categoría, en estado de graza e verdugo dun equipo que chegaba a Senra buscando aproveitar o tropezo do Pontevedra e se foi vendo como o propio Ribadumia lle dá alcance mentres o Deportivo B o supera.
Dominio local, aínda que con pouco perigo no arranque do partido. O Ribadumia premía ben impedindo que o seu rival puidese facerse co balón e conectar cos puntas. Por se fose pouco, aos 10 minutos o Cerceda perdía a Marcos Caridad, que se resentiu das molestias que arrastraba, o que obrigou o seu técnico a reestruturar liñas, pasando a Agulló á posición de central.
Malia ese dominio dos de Gabi Leis, a partir do minuto 25 o Cerceda comezou a facer acto de presenza e a roldar con relativo perigo a área de Javi Sánchez, que tivo que empregarse a fondo para evitar que os vermello e brancos se adiantasen por medio de Uxío. O dianteiro visitante quedou só ao recibir un pase interior, pero o seu remate salvouno milagrosamente o porteiro local.
Probaría fortuna Ismael dende a frontal. O seu remate marchou preto do poste. Ata que no minuto 42 apareceu o de case sempre, Changui, para deixar claro que hoxe por hoxe é de longo o mellor dianteiro da categoría. Recibiu un balón de ÿscar Guimeráns, rematou de primeira. O balón saíu rexeitado pola man de Juan. O árbitro non pita o claro penalti, pero o mesmo Changui en lugar de protestar insiste conseguindo o coiro para colocalo xunto á cepa do poste, nun remate raso á media volta, imposible para Marcos Valin.
Co marcador en contra, o técnico visitante, José Luis Lemos, decide arriscar e no descanso deixa na caseta a Yosi para dar entrada a Abelenda, pasando a xogar con defensa de tres, dous dianteiros en punta e Cano por detrás, con Martín e Herbert abertos ás bandas. A consecuencia foi que o Ribadumia perdeu o balón, e Gabi Leis respondeu sentando a Ismael para dar entrada a Martín, reforzando a zona ancha.
E comezou o asedio. O Cerceda dominou territorialmente, pero estrelouse contra a ordenada defensa dun Ribadumia ao que non lle importaba ceder saques de esquina, sempre ben defendidos. A zaga local, seria todo o partido, apenas pasou apuros máis que nunha falta frontal desaproveitada por Agulló, e nunha cesión comprometida de Pacheco atrás, da que tampouco soubo sacar partido Uxío.
Ata que Herbert, que tiña unha tarxeta, se lle quenta a boca nunha absurda protesta e ve a segunda amarela. Acusouno o Cerceda, a quen só lle faltaba que aparecese o de sempre, Changui, aproveitando unha excelente contra levada por ÿscar Guimeráns para poñer a puntilla e certificar o sensacional momento dun Ribadumia imparable.
CD RIBADUMIA (2): Javi Sánchez; Pacheco (Nelo, minuto 91), Arán, Miguel Vázquez, ÿscar Río; Sidibé, Álex Gómez (Adrián Padrón, minuto 87); Ismael (Martín, minuto 52), ÿscar Guimeráns, Sylla; e Changui.
CCD CERCEDA (0): Marcos Valin; Adrián, Marcos Caridad (Martín, minuto 10), Juan, Yosi (Abelenda, minuto 46); Pablo Rubio, Agulló; Peloto (David, minuto 78), Herbert, Cano; e Uxío.
Árbitro: David Novás Benavides (Vigo), auxiliado nas bandas por Iván Mosquera Goce e David Veloso Prado. Expulsou por dobre amarela ao xogador do Cerceda, Herbert (minuto 74). Amoestou a Sylla, Martín, ÿscar Guimeráns e Sidibé, polo Ribadumia, e a Pablo Rubio, Abelenda e Agulló, polo Cerceda.
Goles: (1-0) Minuto 42: Changui. (2-0) Minuto 85: Changui.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 400 espectadores.
Relacionadas:
-
O Ribadumia rescata un punto no desconto (1-1) ante o Bergantiños
Por Redacción |
-
A eficacia do Pontevedra imponse (3-1) á valentía do Ribadumia
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
13+3 granates contra o Pontevedra nun partido histórico para o Ribadumia
Por Ramiro Espiño |
-
O Ribadumia, preparado para vivir "un partido histórico" en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Ribadumia rabuña un punto en O Morrazo (1-1) nun final de infarto
Por Redacción |
-
Goleada (4-1) dun Ribadumia que sigue crecendo a custa de As Pontes, con Changui de estrela
Por Redacción |