Katia Calvar e Jean Marie Okutu, mellores deportistas marinenses de 2014
Por Redacción
O xurado da Gala do Deporte de Marín seleccionou os mellores deportistas marinenses de 2014 entre as preto de 40 propostas presentadas por diferentes clubs, asociacións e particulares.
Por segundo ano consecutivo Jean Marie Okutu recibirá a distinción de mellor deportista masculino tras un ano no que superou a barreira dos 8 metros en salto de lonxitude, clasificándose para o Campionato de Europa de Atletismo.
Pola súa banda Katia Calvar foi designada como mellor deportista feminina tras os seus bos resultado nos campionatos de España de taekwondo e en diferentes probas internacionais.
Segundo estableceu o xurado, reunido este luns, o mellor adestrador marinense de 2014 foi José Alberto del Río (ciclismo), preparador de Irene Trabazo, mellor promesa feminina.
Tamén foron distinguidos Noh Pereira (taekwondo, baloncesto e atletismo) como promesa masculina, o Club Baloncesto Peixefresco como mellor club, o Colexio San Narciso como mellor centro educativo, a ximnasia rítmica (Club In Mare) como mellor escola deportiva municipal, José Francisco Gil pola súa traxectoria, a Carreira +10 Marín como mellor evento do ano e a Cafetaría Aroma como mellor patrocinador.
Ademais o xurado acordou outorgar unha mención a Manuel Rodríguez Fernández como exemplo de dedicación ao deporte saudable.
A Gala do Deporte de Marín celebrarase o venres 30 de xaneiro ás 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
Relacionadas:
-
Okutu revalida o seu título nacional de lonxitude baixo teito e logra a mínima para o Campionato de Europa
Por Redacción |
-
Marín homenaxea os seus mellores deportistas de 2014
Por Redacción |
-
Jean Marie Okutu afronta unha nova tempada cun só obxectivo en mente: "Quiero ir al Mundial como sea"
Por Diego Espiño |
-
Marín distingue os seus mellores deportistas do ano 2013
Por Redacción |