Peixe Galego afúndese no último cuarto e cae de forma inesperada (66-75) a mans do Sammic ISB
Por Redacción
Saltou a sorpresa na Raña. Os marinenses que viñan dunha boa liña de xogo, caeron de forma inesperada fronte aos guipuscoanos do Sammic ISB, que acumulaban sete derrotas consecutivas, pero que se aproveitaron da pobre porcentaxe que esta vez tiveron os locais no tiro exterior e dun mal último cuarto de partido, no que encaixaron a chilindrada de 29 puntos.
A primeira metade foi de iniciativa local, se ben as diferenzas nunca foron amplas, pero os oito puntos con que se foi o Peixe Galego ao descanso facían pensar nunha vitoria marinense.
Non obstante as dificultades comezaron co terceiro cuarto, no que os vascos se puxeron a un só punto por debaixo. Aínda así, ninguén esperaba o afundimento da segunda parte, cando os visitantes lograron romper o partido da man do acerto de Fede Uclés, que anotou 16 puntos, culminando un último parcial sobresaínte, sobre todo no apartado ofensivo, que lles deu a vitoria.
MARÍN PEIXE GALEGO (66): Darío Suárez (8), Gabo Rogers (12), Ike Azotam (12), Javier Medori (6), Garfield Blair (2) -cinco inicial-, Manu Ferreiro (8), Antonio Izquierdo (6), Gregorio Adón (4), Al Rapier (5) e Norman Rey (3).
SAMMIC ISB (75): Dominique Garret (12), Ánder Arruti (9), Federico Ucles (16), Zubizarreta (2), Mendoza (5) -cinco inicial-, Xabier Oroz (5), Carlos Iradier (5), Jon Urtxulutegui, Bernat Camarasa (10) e Delaney Mayer (11).
Árbitros: Ángel de Lucas de Lucas (Castilla La Mancha) e Jorge González Zumajo (Madrid). Sen eliminados.Sinalaron 12 faltas persoais ao Marín e 20 aos visitantes.
Marcadores parciais: 16-10, 17-15 (33-25, descanso), 14-21 (47-46) e 19-29 (66-75, final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Raña (Marín). Uns 300 espectadores.