A Subida a Castro chega á súa sexta edición o domingo 28 de decembro
Por Redacción
A asociación de veciños Serraseca presentou este venres no Concello de Marín a que será a sexta edición do seu particular san silvestre, a Subida a Castro.
A proba atlética, de 7 quilómetros de lonxitude, disputarase o próximo domingo 28 de decembro.
A categoría absoluta partirá ás 11:00 horas do Alto de Castro para pasar pola Porteliña, Moreira e O Campo antes de finalizar no mesmo lugar.
Un pouco antes da súa conclusión darase a saída tamén ás tres categorías menores, de 0-5 anos, 6-9 e 10-14.
As inscricións poderán realizarse o mesmo domingo na saída de 10:00 a 10:30 horas.