VIDEO.- O Leis Pontevedra recorre a 'Youtube' para felicitar o Nadal
Por Redacción
ÿ un ano especial para o Leis 26 Pontevedra, por iso o club lerezano quixo felicitar o Nadal mediante un vídeo.
Os seus 23 equipos e preto de 250 futbolistas, resultado da fusión co Marcón FS e repartidos entre as diferentes categorías, colaboraron na felicitación, que foi colgada na súa canle oficial da plataforma 'Youtube'.
Desta forma o Leis "quere agradecerlle a toda a súa gran familia, dende pais ata adestradores, o seu compromiso e capacidade de traballo, a través dos cales se consegue sacar adiante un proxecto que se fai máis grande, día a día grazas ao esforzo de todos".