![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/b6c/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0knKLynJz1WyrgUA_/549a93a503-_p2a6298.jpg)
© Deputación de Pontevedra
A visión máis persoal das figuras do deporte
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/31d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/549a93ddb7-_p2a6377.jpg)
© Deputación de Pontevedra
Tres medallistas olímpicos e un médico que o gañou todo coa Selección Española de Fútbol dende o punto de vista máis persoal.
Así é o libro escrito por Rodrigo Cota e con fotos de Rafa Fariña presentado este martes na Deputación de Pontevedra.
Trátase dun documento que indaga na visión próxima e as experiencias de David Cal, Javier Gómez Noya, Támara Echegoyen e o doutor Juan José García Cota.
O libro, que parte dunha idea dos responsables da Deputación, esconde case nove meses de entrevistas para descubrir datos persoais e vivencias destas figuras do deporte, esquecéndose un pouco do seu extenso curriculum de éxitos en Xogos Olímpicos ou campionatos do Mundo.
Na presentanción, ademais dos protagonistas, estiveron presentes o presidente provincial, Rafael Louzán, a deputada Begoña Estévez e o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco.