O boxeador Aarón González, a polo seu terceiro campionato galego consecutivo
Por Redacción
O marinense Aarón González intentará este venres lograr o seu terceiro título consecutivo no campionato galego de boxeo que se disputará no pavillón do Barrio das Flores (A Coruña). O seu rival será o coruñés Saúl Garcio.
Nesta ocasión, o boxeador pontevedrés competirá nunha categoría nova. Estréase no peso superlixeiro -64 quilogramos, onde veremos un Aarón González máis rápido e explosivo, o que que sumado ás súas calidades técnicas lle permitirá ofrecer grandes espectáculos nos seus próximos combates.
O seu rival é o actual campión desta categoría e ademais pelexa polo título na súa casa. Esta circunstancia fai que o combate sexa máis interesante.
Será o terceiro duelo entre ambos os dous e nos dous anteriores a vitoria foi para o pontevedrés, deportista do Rebouras Team.
Á expedición uniuse tamén Abel Ferreira, un mozo marinense que dará moito que falar no mundo do boxeo. Con dous únicos combates disputados e co pouco tempo que leva adestrando esta disciplina, gañou xa un lugar nos rings de Galicia e volverá pelexar na Coruña, como previo á gran final do campionato galego.