A Gimnástica pecha 2014 co seu mellor resultado histórico, decimo sétimo do ranking de clubs
Por Redacción
Décimo sétima no ranking nacional. Así finaliza a Sociedad Gimnástica a tempada. ÿ a súa mellor clasificación histórica. Nunca antes quedaran tan ben situadas. Na lista aparecen máis de 300 clubs de atletismo, ordenados polos seus resultados en todos os campionatos de España deste ano, e os pontevedreses aparecen de novo entre os 20 primeiros.
Foi no curso atlético 2007/2008 cando a Gimnástica se meteu por primeira vez entre os 20 mellores equipos de España, no posto 19. Agora os 136,5 puntos obtidos, grazas aos 30 finalistas que sumou a formación pontevedresa nos campionatos nacionais de 2014, permítenlles superar en dous postos o seu mellor resultado.
Ademais a Gimnástica colócase como o mellor club de Galicia, sendo o seguinte galego o Comesaña Sporting no posto 23 e o terceiro o Ría Ferrol, no posto 28.