A pontevedresa Natalia Fernández clasifícase para a Copa do Mundo de Sabre Junior
Por Redacción
En só cinco anos de existencia a Escola Hungaresa de Esgrima xa pode presumir de clasificar a un tirador para unha proba da Copa do Mundo.
A pontevedresa Natalia Fernández, campioa de España de Sabre Infantil, competirá en Cidade Real o próximo día 15 na Copa do Mundo de Sabre Feminino Junior, no que será a súa primeira experiencia nunha proba internacional.
Dende o clube destacan que Natalia, aínda en primeiro ano de idade cadete, destácase como unha das mellores tiradoras do Ranking Nacional Junior. De seguir coa súa progresión, aseguran, podería converterse nunha asidua deste tipo de competicións de máximo nivel.