Unha sensacional segunda parte permite o Peixegalego derrotar a domicilio (64-66) ao Barcelona
Por Redacción
A dous segundos do final marcou o Marín Peixegalego a canastra que lle permitiu derrotar ao FC Barcelona. Foi tras unha sensacional segunda parte na que os pontevedreses, que chegaron a ir perdendo por 25 puntos, lograron a súa cuarta vitoria da tempada. Venceron o filial blaugrana por 64-66 nun partido disputado na cidade deportiva Joan Gamper (Sant Joan Despí).
Os cataláns empezaron o partido en plena forma, despregando un xogo moi rápido que desarmou a defensa marinense. Tras o primeiro cuarto, o electrónico reflectía xa un 23-10, vantaxe que se ampliou ata os 25 puntos no minuto 17 de partido (41-16). Tampouco o ataque dos homes de Javier Llorente pasou polo seu mellor momento nos primeiros 20 minutos, xa que só marcaron 25 puntos en total (44-25).
Pero o descanso sentou moi ben aos pontevedreses e na segunda parte viuse un partido completamente diferente. O Marín Peixegalego comezou a reaccionar. A falta de 10 minutos, o equipo galego asinara un parcial de 0-7 que o colocaba a 10 puntos, 52-42, con 10 minutos por xogarse.
Mediado o terceiro cuarto, os de Marín colocáronse a tres puntos (55-52) no minuto 34 e empatou a 59 a falta dun minuto. Foi Darío Suarez, erixido na estrela do partido xunto a un grande Ike Azotam -sumou 19 puntos-, anotou a canastra da vitoria galega a falta de dous segundos.
FC BARCELONA (64): Hakanson (18), Peno (4), Draskovic (5), Maxim Esteban (3), Sulejmanovic (12) -cinco inicial- Pol Figueras (3), Xavier Moix (10), Eric Martínez (2), Omeragic, Ramón Vila, David Martínez (2), Sorolla (5).
MARÍN PEIXEGALEGO (66): Darío Suárez (11), Rogers (3), Azotam (19), Javier Medori (4), Blair (6) -cinco inicial- Manu Ferreiro (2), Gregorio Adón (12), Izquierdo, Al Rapier (9), Norman Rey.
Árbitros: Morales García-Alcaide e Lanza Tortosa. Sen eliminados.
Parciais: 23-10, 21-15, 8-17, 12-24.
Incidencias: Partido disputado na Cidade Deportiva Joan Gamper (Sant Joan Despí, Barcelona).