Poio Artai complícase ao caer en Lavadores (21-20) fronte a un rival directo
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Derrota das que doen. O Poio Artai deixou escapar unha excelente oportunidade para saír dos postos de descenso fronte a un rival directo, nun partido marcado pola falta de acerto nos lanzamentos de ambos os dous equipos.
Os visitantes comezaron mandando, pero quedáronse case once minutos sen anotar, circunstancia que aproveitou o seu rival para endosalos un parcial de 5-0, pasando do 4-7 ao 9-7 pouco antes do descanso.
Malia que de novo na segunda metade recuperou a vantaxe de dous goles o Poio non soubo mantela, ao de novo un parcial de 4-0 puxo por diante ao Lavadores, que xa non volvería ceder.
LAS CINCO JOTAS LAVADORES (21): Iván García, Diego García (2), Groba, Pablo Gayoso (2), Suárez, Pablo León (5), Forero (5), Dani, Seoane (2), Pablo Barros (3), Adrián Lomba (1), Raúl Pérez, Daniel Fernández e Menéndez (1).
ED POIO ARTAI (20): Álvaro, Juanjo Novás; Barreiro (5), Mosquera (2), Gabriel, Carlos (3), David Rodríguez (1), Erselle (1), Borja Barco (2), Martín Tarrío, José Manuel Núñez (6), Alberto López e Tomás.
Árbitros: José Luis Sanz Aguado e Miguel Gardón Teixeira (Madrid). Excluíron por dous minutos a Pablo Gayoso (2) e Forero, polos locais, e a David Rodríguez (2) e Tomás, polo conxunto visitante.
Marcador (cada cinco minutos): 1-1, 2-3, 4-5, 4-7, 8-7, 9-9 (descanso), 13-12, 16-14, 17-15, 19-17, 20-19 e 21-20 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Lavadores (Vigo). Uns 250 espectadores.