Ao BM Pontevedra fáiselle longo o partido e cae (37-30) fronte ao Seis do Nadal Coia
Por Redacción
Non puido frear o BM Pontevedra a marcha do Seis do Nadal, que mantén o liderado por mellor golaverage que o Cisne, aínda que nesta ocasión debeu esperar ata a recta final do partido para consolidar unha vitoria que os pontevedreses o fixeron suar.
Os de Ramón Pazos fixeron unha boa primeira parte na que levaron a iniciativa, sorprendendo ao conxunto local, pero fíxoselles longo o partido e caéronse nos últimos 20 minutos, o que aproveitou o cadro vigués para asegurarse os puntos con máis dificultades das que reflicte o marcador final.
SEIS DO NADAL (37): Tizón (1), Germán Iglesias, Alexandre (2), Giráldez (3), Denis (4), Freijeiro (3), Leirós (2), Marcos, Pedro Iglesias (4), Iván López, Chantada, Pablo García (2), Rial (7), Costa (3), Novoa e Abraham (6).
BM PONTEVEDRA (30): Santi Picallo, David Lagoa; Ansias (2), Pablo Vázquez (1), Fernando Rey (3), Santi Calvo, Álex Pombo (4), Alberto Santiago (3), Iago Rodríguez (2), Soliño (9), Iglesias (2), Gonzalo García (4) e Gonzalo Eloy.
Árbitros: Juan José Bajo Morales e Alberto Jesús Benegas García (Extremadura). Excluíron por dous minutos a Pablo García e Novoa, polos locais, e a Fernando Rey (2), Santi Calvo e Gonzalo García, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 3-4, 6-8, 8-11, 11-14, 15-16, 18-19 (descanso), 20-20, 22-22, 27-24, 30-25, 34-26 e 37-30 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Coia (Vigo). Uns 400 espectadores.