Unha frouxa segunda parte condena o Poio Artai (20-25) ante a SAR
Por Redacción
Fíxoselle demasiado longo o partido ao Poio Artai que se afundiu no último cuarto deixando escapar a posibilidade de sumar a súa segunda vitoria da tempada.
O primeiro tempo estivo presidido pola igualdade, aínda que sempre con lixeira iniciativa do conxunto redondelano, o cal tomaría unha pequena vantaxe na reanudación, que soubo administrar ata conseguir despegarse definitivamente nos dez minutos finais.
ED POIO ARTAI (20): Álvaro, Juanjo Novás; Gabriel, Erselle (4), Garrido, Carlos (8), Tomás (2), Fernando Mosquera (4), José Manuel Núñez (2), David Rodríguez, Jorge Rodríguez e Martín Tarrío.
S.A.R. PLASTIC OMNIUM (25): Dani Cadilla, Marcos Colinas; Roberto Couso (2), Manuel Ferreira, David López (6), David Parcero, Antón Rey (3), Carlos Rey (3), Manuel Rey (1), Ricardo Vázquez (3), Imanol Cobián (1), Diego Domínguez, Ramón Otero (5) e David Puga (1).
Árbitros: Vanesa Pérez Domínguez e Ana Correa Araújo (Galicia). Excluíron por dous minutos aos locais Erselle e José Manuel Núñez, e aos visitantes David Parcero e Carlos Rey (2).
Marcador (cada cinco minutos): 2-2, 4-4, 6-8, 9-12, 10-12, 12-13 (descanso), 13-16, 14-17, 16-19, 17-21, 18-24 e 20-25 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal da Seca (Poio).