Primeira vitoria da tempada para o Poio Artai (25-26) ante Granitos Ibéricos
Por Redacción
Primeira vitoria da tempada para o Poio Artai na pista dun rival directo como Granitos Ibéricos, un resultado que lle serve ademais para abandonar a cola da clasificación.
Bo traballo, expecialmente no aspecto defensivo na primeira metade, que serviu para poñer as bases dun triunfo merecido e que puido ser mesmo máis amplo.
Os de Augusto Aláez chegaron a dispoñer dunha cómoda renda de sete goles (8-15) a pouco de comezar a segunda parte, pero logo foron acusando o esforzo, o que aproveitaron os locais para reducir diferenzas, aínda que sen chegar nunca a conseguir a igualada, malia algunhas decisións arbitrais no capítulo disciplinario claramente prexudiciais para o equipo visitante.
GRANITOS IBÿRICOS (25): Pedro Ramírez, Jorge Ramírez; David Álvarez, Juan Araújo (4), Abel Carreira, Jorge Castro (1), Ismael Lago (4), Hugo López (1), Diego Mouriño (1), Xacobo Novoa (1), Diego Pérez (1), Pablo Pérez (3), Joaquín Rodríguez (5), Daniel Román (2) e Héctor Soage (2).
ED POIO ARTAI (26): Álvaro, Juanjo Novás; Borja Barco (7), Víctor (1), Gabriel, Erselle (1), Garrido (1), Carlos (4), Tomás (1), Fernando Mosquera (4), José Manuel Núñez (4), Jorge Rodríguez (1), Miguel Roibás (2) e Martín Tarrío.
Árbitros: Josep Millán Cazorla e Jordi Quintanar Manzano (Cataluña). Descualificaron os visitantes Carlos e Víctor. Excluíron por dous minutos a Ismael Lago, Diego Mouriño, Xacobo Novoa, Daniel Román e Héctor Soage, polos locais, e a Erselle, Garrido, Carlos (2) e Tomás, polos visitantes.
Marcador (cada cinco minutos): 2-0, 3-4, 3-6, 4-7, 6-10, 7-13 (descanso), 11-16, 15-20, 17-21, 21-23, 23-25 e 25-26 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal de Carballal (Vigo). Uns 225 espectadores.