Marcos Dorado, dúbida nun Teucro que busca a oitava ante La Roca
Por Redacción
Quique Domínguez non se fía da clasificación do próximo rival da Sociedad Deportiva Teucro, o Balonmano La Roca, equipo recén ascendido e actual décimo terceiro clasificado da División de Honra Prata.
Os azuis queren lograr o seu oitavo triunfo consecutivo e manterse no alto da táboa, e para iso deberán dobregar un equipo que "como juega y con la intensidad que le pone nos va a poner en apuros", asegurou o técnico pontevedrés.
O Pavillón Municipal dos Deportes será escenario este sábado (20:00 horas) dun choque que se perderá con seguridade Iván Fernández, que segue sen superar as súas molestias no xeonllo, e que contará coa dúbida ata última hora de Marcos Dorado, por culpa dunha escordadura de nocello.
O resto do plantel teucrista estará a disposición de Quique Domínguez, como Gonzalo Carró, que ve clave "defender y correr, que es nuestro juego".
Así o entende tamén Domínguez, ao analizar "las rápidas transiciones y las contras" que caracterizan ao conxunto catalán.
As fortes chuvias dos últimos días afectaron á pista do Pavillón Municipal polo estado de deterioración da cuberta, pero espérase que estea en perfectas condicións para o choque.
Relacionadas:
-
La Roca resulta ser demasiado branda para un Teucro moi superior (43-32)
Por Ramiro Espiño |
-
Carlos García Alén: "Mi intención es buscar apoyos para la directiva del Teucro y presentarme a las elecciones"
Por Ramiro Espiño |
-
Lección de madureza do Teucro que de novo sabe sufrir para gañar (32-33) en Barakaldo
Por Redacción |