VIDEO.- As penosas condicións de adestramento do Club Ximnasia Pontevedra
Por Diego Espiño
Nos seus nove anos de historia lograron medallas en campionatos de España e Europa e acumulan participacións en Mundiais, pero cada vez que chove os deportistas do Club Ximnasta Pontevedra deben parar os seus adestramentos.
Así o denuncia Silvia Cabaleiro, adestradora e directiva dun club que conta con máis de 100 deportistas, incluídos os 45 nenos que participan na escola deportiva municipal.
Silvia Cabaleiro: "No nos van a hacer un pabellón en un día pero al menos que no nos llueva para poder entrenar"
Cabaleiro explica que "cuando llueve el agua cae como una cascada" polas paredes do pavillón da Xunquiera I, unha instalación que hai uns anos non contaba con cuberta, facendo "que se estropee el material, y el material de gimnasia es muy caro".
O Club Ximnasia Pontevedra leva catro anos adestrando nesas instalacións e, defenden, "no podemos seguir así".
A solución, segundo Silvia Cabaleiro, sería un pavillón novo na cidade, xa que necesitan unhas condicións especiais como contar con certa altura, pero son conscientes que "no nos van a hacer un pabellón en un día pero al menos que no nos llueva para poder entrenar", declarou.
A adestradora e directiva da entidade defende ademais que "aún así mira a dónde llegan nuestros gimnastas, si hubiese condiciones imagínate", en relación aos bos resultados en probas nacionais e internacionais.
O Club Ximnasia Pontevedra naceu no 2005 centrando a súa actividade na ximnasia artística e modalidades como o trampolín (cama elástica, tumbling e dobre minitramp) ou a ximnasia acrobática.