Diarrá, números de estrela que fan soñar o Arxil
Por Redacción
O bo inicio de tempada do Arxil en Liga Feminina 2 ten un nome propio, o de Maimouna Diarrá, que en só dúas xornadas se converteu no piar sobre o que basea o xogo das pontevedresas.
A súa actuación neses dous partidos, saldados con triunfo para o conxunto verde, valeron ademais para ser considerada a mellor xogadora da xornada no Grupo A.
Diarrá encadea o seu segundo MVP grazas ao seu 52 de valoración tras sumar 26 puntos, 20 rebotes e 8 tapóns ante o Badajoz Basket Femenino.
O pivote senegalés alcanza neste inicio de liga 25 puntos, 18,5 rebotes e 4,5 tapóns por partido cunha valoración que chega aos 44, cifras pouco habituais e que disparan o optimismo no club lerezano.
Completan o cinco ideal da xornada Lucía Pablos (León), Allison Feaster (Alcobendas), Mónica Garrido (Alcobendas) e Margaret Roundtree (Bizkaia).
Relacionadas:
-
Primeira derrota do Arxil, que cae ante o Ensino nun apertado partido (56-61)
Por Redacción |
-
Ensino de Lugo, un rival para medir as posibilidades do Arxil
Por Redacción |
-
Diarrá remata coa resistencia do Badajoz para asinar o segundo triunfo do Arxil (70-74)
Por Redacción |
-
A arxilista Maimouna Diarrá, mellor xogadora da primeira xornada na Liga Feminina 2
Por Redacción |