Diarrá remata coa resistencia do Badajoz para asinar o segundo triunfo do Arxil (70-74)
Por Redacción
Vai camiño de converterse nunha das xogadoras da tempada na Liga Feminina 2. A arxilsta Maimouna Diarrá, MVP da primeira xornada, dobregou a resistencia do Badajoz Basket Femenino no primeiro encontro a domicilio das pontevedresas (70-74).
A pívot senegalesa dominou a pintura e foi imparable para a defensa local, asinando uns espectaculares números con 26 puntos, 20 rebotes e 8 tapóns para unha valoración de 52.
A pesar diso o choque foi do máis igualado e as verdes non lograron decantalo ao seu favor ata o último cuarto.
Antes o Badajoz contrarrestaba a superioridade do Arxil no xogo interior cun grande acerto dende a liña de tres, principalmente de Larisse (5 de 6).
Así se chegou ao inicio do último parcial, con lixeira vantaxe estremeña, pero as de Mayte Méndez apertaron en defensa para voltear o marcador e aguantar unha renda que as sitúa, con dous triunfos en dúas xornadas, na terceira praza da clasificación.
BADAJOZ BASKET FEMENINO (70): Regina Gómez (19), Celia Cabrera, Larisse Milhomen (19), Belén Mejías (17), Faye (2) -cinco inicial- Susana Albano, Avebe (2), Pamela Moral (11), Marta Zurita (0), Ana Cabrera (0).
CB ARXIL (74): Maimouna Diarrá (26), María González (10), Ana Martín (6), Carla Fernández (4), Fallon Lewis (7) -cinco inicial- Ana Román (10), Jara Tuda (2), María Lago (9), Cristina Díaz-Pache.
Árbitros: Valle Iglesias e Grande Claver. Eliminadas por faltas as locais Faye e Avebe.
Parciais: 18-18, 21-23, 20-15, 11-18.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Las Palmeras de Badajoz.
Relacionadas:
-
Ensino de Lugo, un rival para medir as posibilidades do Arxil
Por Redacción |
-
Diarrá, números de estrela que fan soñar o Arxil
Por Redacción |
-
Sandra Entenza, única ausencia en Badajoz para un Arxil que quere confirmar o seu bo inicio ligueiro
Por Redacción |
-
A arxilista Maimouna Diarrá, mellor xogadora da primeira xornada na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
Boa estrea do Arxil, que debuta na liga cunha cómoda vitoria (71-54) ante o ADB Araski
Por Redacción |