Preto de 400 deportistas cítanse esta fin de semana na Marín-Poio-Pontevedra Rowing Cup de Remo
Por Diego Espiño
A Semana Abanca de deportes naúticos chega á súa penúltima parada coa Marín-Poio-Pontevedra Rowing Cup, unha cita co remo de competición os días 1 e 2 novembro.
A Ría de Pontevedra examínase pensando en converterse en referencia internacional neste deporte a medio prazo.
Así o defenden dende a Federación Galega de Remo e tamén dende o Concello de Pontevedra, cun Miguel Anxo Fernández Lores que asegura que "se hai interese da Federación traballaremos para crear no fututo unha proba máis espectacular e mediática".
Precisamente o representante federativo manifestou que "nun futuro penso que aquí se pode facer unha grande proba de velocidade como a de Coimbra".
A Marín-Poio-Pontevedra Rowimg Cup arrancará o sábado 1 de novembro cunha regata de bateis entre a ponte da autoestrada e a ponte da Barca, na que estarán os gañadores a pasada semana da Copa Galicia en Meira.
Para o domingo 2 quedará a proba estrela unha regata de remo olímpico con 6,5 quilómetros contra o reloxo entre a Illa de Tambo e As Corbaceiras. A sáida darase ás 11:00 horas da Escola Naval de Marín coa participación de 15 embarcacións 'outrigger' oito máis temoneiro, ao estilo dos botes que compiten na Oxford-Cambrigde, e 25 barcos 'dobre scull' con catro remeiros cada un.
En total espérase a presenza de 400 deportistas con clubs como o Natació Banyoles catalán ou os valencianos Real Club Náutico de Torrevieja ou o Real Club de Regatas de Alicante. A representación galega, ademais do local Club Remo Ría de Marín, compóñena Perillo, Miño, Tui e Samertolameu.
En canto á insfraestrutura da competición, o parque pechado das embarcacións estará situado na Escola Naval de Marín, o cuartel xeral dos participantes será a Hospedaxe do Mosteiro de Poio e a base organizativa o Gremio de Mareantes de Pontevedra.