Derrota do equipo masculino do Leis en Valladolid (4-1)
Por Redacción
Os últimos minutos condenaron ao Leis no seu segundo partido de liga, primeiro a domicilio, ante o Universidad de Valladolid (4-1).
A iniciativa levouna dende o inicio o conxunto local, cos pontevedreses repregados e chegando con perigo á contra.
Así chegaría o gol de Pocho aos 13 minutos que poñía en vantaxe aos de Manu Cossío, non obstante antes do descanso Valle poñía as táboas no marcador.
Na segunda metade o Leis aguantou ata que o minuto 35 Mario rompeu a igualada para poñer por diante os pucelanos.
O conxunto lerezano intentouno con porteiro-xogador, pero rematou encaixando dous goles máis que sentenciaron a contenda.
UNIVERSIDAD DE VALLADOLID (4): Victor, Enrique, Mario (1), Valle (2), Josué (1), Leal, Dani, Martín, Hector, Jesús, Féliz, Álvaro, Picolo.
LEIS PONTEVEDRA (1): Daniel, Carlos, Sepa, Martín, Taboada, Sergio García, Barcala, Rubén, Pocho (1).
Árbitros: Moreno de Santos e Rodríguez Garrido.